Esta pequena aventura sitúase entre os capítulos dous e tres da webserie interactiva Amnesia 3.0, con Lía e Xela preparando a súa incursión na cidade para salvar a Fiz. 

Poderás axudalas a colarse silandeiramente no Departamento de Seguridade Global? 

--------

Os controis son moi sinxelos:

  • Dende o ordenador, usa as teclas de dirección para moverte e interactuar con Lía ou cos distintos obxectos que atoparás polo camiño.
  • Dende o móbil, desliza co dedo para avanzar e interactuar co que te vaias cruzando.